jueves, 10 de abril de 2008
Shane Macgowan, ou a raza maldita.
O autor da que foi elixida no mundo anglosaxón como mellor canción de Nadal de tódolos tempos naceu precisamente un 25 de Decembro de xa hai máis de medio siglo, e se el chegou ó medio siglo eu tamén podo. Shane Macgowan naceu en Kent, Inglaterra, pero até os seis anos creceu na aldea de Carney, Eire, de dónde eran orixinarios seus pais. Alí foi onde colleu a referencia da música tradicional irlandesa, e nunca a abandonou. Despóis a vida de Shane transcurre nos suburbios do norte de Londres, onde coñecería a outro fillo de inmigrantes irlandeses, un tal John Lydon, tamén coñecido coma Xan Podre.
Parece que detrás do aspecto de perdido de Shane escóndese un rapaz desperto e intelixente, estudante de mérito, sufriu acoso por parte dos demáis estudantes. Foi admitido nun prestixioso colexio da capital, Westminster School, máis atopáronlle drogas e foi expulsado, son cousas que acontecen nas mellores familias.
Temos que agardar ós derradeiros meses do ano 1976 para ter noticias de Shane de novo, The Clash daban un concerto ó que acudiu Shane Macgowan. O rapaz facíalle as beiras a un moza que estaba na primeira fila, nun descuido besouna, máis ela non parecía estar moi de acordo co furtivo bico, e de unha dentellada arrancoulle un pedazo do lóbulo da orella. Toda esta secuencia foi recollida por un fotógrafo, e as fotos foron publicadas no número de Novembro do 1976 pola prestixiosa New Musical Express, o titular era un pouquiño sensacionalista "Cannibalism At Clash Gig" Un mito punk acababa de brotar no árido asfalto do norte de Londres, nos seus inicios coñecido coma Shane O´Hooligan.
Baixo ese nome fundou a sua primeira banda The Nipple Erectors, que despóis acurtaría a The Nipps, probaron sorte coma músicos de rúa no covent Garden, máis non atoparon o recoñecemento que buscaban. Iso cambiaría pronto, estaban a piques de nacer The Pogues ainda que o seu primeiro nome foi Pogue Mahone, que é coma dicir Kiss my ass, pero en gaélico.
Se os orixes da banda están indiscutiblemente no movemento punk, The Pogues non son unha banda punk. Mezclan ritmos tolos do punk con letras tradicionais nas tabernas irlandesas. Shane mostrouse coma un gran poeta, a súa gargante rota polo alcohol non era capaz de encher os seus versos que falaban de whisky, guiness, emigración e morriña, á súa maneira, máis morriña. En fin, el falou toda a vida de Irlanda.
Unha Irlanda que gostan os irlandeses dicir retratou como ninguén James Joyce, máis eu abúrrome coa monotonía de Joyce, e non vexo esa Irlanda que Macgowan si soubo retratar, esa Irlanda melancólica pero divertida, esa irlanda gamberra que bebe Guiness e mais Whisky, que ébria se pelea en calqueira pub, esa Irlanda tan salvaxe e tola que enamora.
En 1987 escribiu Fairytale of New York, unha canción de nadal que cantou con Kirsty MacColl, unha canción ó fin e o cabo de Shane Macgowan, unha canción que nun verso pode decir
Youre a bum
Youre a punk
Youre an old slut on junk
Lying there almost dead on a drip in that bed
You scumbag, you maggot
You cheap lousy faggot
Happy christmas your arse
I pray God its our last
e aínda así ser unha canción de nadal, a mellor de todas.
Non é ésta a mellor canción dos The Pogues, para min non está nin nas cinco mellores, a súa adaptación de Dirty Old Town pon os pelos de punta, as súas actuacións cos Dublineers un míto dentro da cultura irlandesa, pero esta é unha canción de nadal dun poeta maldito, un dos poucos que quedan vivos. Últimas noticias din que este ano 2008 será o elixido por Shane para arranxar a súa dentadura, seguramente non será o mesmo.
Hai moitos videos na rede dos The Pogues, eu vou colgar eiquí un concerto enteiro, para que non se queixe ninguén. Agora que en Hespaña sufrimos a apropiación dunha decada por parte duns transgresores que almorzan champaña despóis do baile da fodida rosa, é de necesidade recordar que nos oitenta non todo o mundo era un travelo ni tódoles homes con bigote levaban tacón de agulla. Imáxinades a Almodóvar entre irlandeses??
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario