
En 1999 a susodicha formou un grupo que mezcla rock con musica de baile, e arrasaron, o seu nome; The Gossip, "A Cotilla" ou "O Cotilleo". Os outros dous compoñentes do grupo son Brace Paine (guitarra) e mais Hannah Blilie (batería) Son coma os White Strippes, máis bailables e moito menos escuros , pero con algunha relación, ou iso parece. O seu último disco, Standing in the way of control (2006) marcou unha nova vertente do indie rock nos EEUU, sen dúbida val a pena botarlles un vistazo.
A rapaza en cuestión non é parva, escribe no periódico The Guardian, e nunha ocasión dixo que de pequena comía esquíos, facendo unha broma con respecto ó seu peso, tema có que lle gusta frivolizar, con iso e coa súa sexualidade, carnaza para o amarillismo anglosaxón, só queda esperar que, como ocurre moitas veces, o personaxe non trague ó artista coma se fora un esquío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario