Non vou negar a miña debilidade polos grupos que misturan os instrumentos musicais acústicos con estilos de música tradicionalmente máis salvaxes, coma o punk ou o rock. Dentro de esta corrente apareceron cando comenzaban os oitenta tres rapaces de Milwaukee, Wisconsin, xuntáronse pra facer unha mezcla que daría moito que falar, os rapaces puxeron moito empeño na súa estética de freaks de Instituto, con letras cheas de evocacións ó eterno adolescente virxe, cheo de graos, que sen dúbida estaría polo menos chosco se o vello dito fose certo.
A súa primeira actuación foi no baile do instituto, si nun de esos bailes que vemos nas películas americanas, alí tocaron Gimme the car, unha canción que narra a historia dun adolescente que lle pide o coche ó pai para ir foder con unha rapaza, lóxicamente ós profesores non lles gustou moito e di a lenda que foron expulsados. Supoño que non esperaban unha canción tan explícita dun fillo de pastor evanxélico. Despóis de esta fulgurante aparición, os rapaces de Wisconsin comenzaron a tocar nas rúas de Nova York, onde di o conto que os atopou o guitarrista de The Pretenders, que os levou a tocar ó mítico CBGB, pouco máis tarde sacarían o primeiro disco, homónimo. Se vos gusta a música tedes que telo na casa, alí aparecen cancións coma Add it up, Prove my love, Gone daddy gone(fai pouco versionado polos Gnars Barkley) e sobre todo Blister in the sun, quizáis o maior éxito dos Violent Femmes. A partir de ahí a súa carreira non foi tanto como parecía, quedándo relegada a un segundo plano dentro da escena independente. Gordon Gano escribiu a música de algunha producción de Broadway, e se fai pouco falaba de Shane MacGowan, mostrando o que realmente é un poeta maldito, estes rapaces hoxe en día están cheos de Bottox, totalmente asentados dentro do máis hipócrita sistema.
Sempre nos quedaran as cancións do primeiro disco, ou Old Mother Reagan ou a terrorífica Death Country Song, verdadeiros himnos dos anos oitenta. Bueno, nada máis, deixo aquí un video coas súas canción máis representativa, ademáis co aliciente de ver de novo o extraordinario cabelo de Paloma Chamorro.
miércoles, 23 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario