miércoles, 23 de abril de 2008

As femias violentas.

Non vou negar a miña debilidade polos grupos que misturan os instrumentos musicais acústicos con estilos de música tradicionalmente máis salvaxes, coma o punk ou o rock. Dentro de esta corrente apareceron cando comenzaban os oitenta tres rapaces de Milwaukee, Wisconsin, xuntáronse pra facer unha mezcla que daría moito que falar, os rapaces puxeron moito empeño na súa estética de freaks de Instituto, con letras cheas de evocacións ó eterno adolescente virxe, cheo de graos, que sen dúbida estaría polo menos chosco se o vello dito fose certo.

A súa primeira actuación foi no baile do instituto, si nun de esos bailes que vemos nas películas americanas, alí tocaron Gimme the car, unha canción que narra a historia dun adolescente que lle pide o coche ó pai para ir foder con unha rapaza, lóxicamente ós profesores non lles gustou moito e di a lenda que foron expulsados. Supoño que non esperaban unha canción tan explícita dun fillo de pastor evanxélico. Despóis de esta fulgurante aparición, os rapaces de Wisconsin comenzaron a tocar nas rúas de Nova York, onde di o conto que os atopou o guitarrista de The Pretenders, que os levou a tocar ó mítico CBGB, pouco máis tarde sacarían o primeiro disco, homónimo. Se vos gusta a música tedes que telo na casa, alí aparecen cancións coma Add it up, Prove my love, Gone daddy gone(fai pouco versionado polos Gnars Barkley) e sobre todo Blister in the sun, quizáis o maior éxito dos Violent Femmes. A partir de ahí a súa carreira non foi tanto como parecía, quedándo relegada a un segundo plano dentro da escena independente. Gordon Gano escribiu a música de algunha producción de Broadway, e se fai pouco falaba de Shane MacGowan, mostrando o que realmente é un poeta maldito, estes rapaces hoxe en día están cheos de Bottox, totalmente asentados dentro do máis hipócrita sistema.

Sempre nos quedaran as cancións do primeiro disco, ou Old Mother Reagan ou a terrorífica Death Country Song, verdadeiros himnos dos anos oitenta. Bueno, nada máis, deixo aquí un video coas súas canción máis representativa, ademáis co aliciente de ver de novo o extraordinario cabelo de Paloma Chamorro.

domingo, 20 de abril de 2008

Beth Ditto, parece que dis Bendito.

Cando unha muller de obesidade mórbida ten a suficiente personalidade como para espirse no escenario ante unha audiencia na súa maior parte adolescente, tes que mirar pra ela e dicir, olé, e sacar o chapeu. Beth Ditto é de Arkansas, diría algún que en Arkansas só hai vacas e homosexuais, facendo o chiste fácil ela é as dúas cousas, e feminista, e sobretodo cantante, e a súa voz está chea de forza e de sangue negra que en principio non ten.


En 1999 a susodicha formou un grupo que mezcla rock con musica de baile, e arrasaron, o seu nome; The Gossip, "A Cotilla" ou "O Cotilleo". Os outros dous compoñentes do grupo son Brace Paine (guitarra) e mais Hannah Blilie (batería) Son coma os White Strippes, máis bailables e moito menos escuros , pero con algunha relación, ou iso parece. O seu último disco, Standing in the way of control (2006) marcou unha nova vertente do indie rock nos EEUU, sen dúbida val a pena botarlles un vistazo.

A rapaza en cuestión non é parva, escribe no periódico The Guardian, e nunha ocasión dixo que de pequena comía esquíos, facendo unha broma con respecto ó seu peso, tema có que lle gusta frivolizar, con iso e coa súa sexualidade, carnaza para o amarillismo anglosaxón, só queda esperar que, como ocurre moitas veces, o personaxe non trague ó artista coma se fora un esquío.

sábado, 19 de abril de 2008

Perdóame se nalgún momento perdín a fe en ti .


Onte pola tarde fun a Vitoria , fun de compras a un gran centro comercial " el boulebard " y mentras Maricha visitaba as imnumerables tendas de roupa e visuteria ( cousas de rapazas ) eu metinme nunha libreria ( elexin a libreria porque si me meto na tenda de discos corro graves peligros de tolear ) ben ; imos o tema , ali comprei o libro de Fito , " Soy todo lo que me pasa " .

Esta noite xa estiven lendo unha boa parte i esta tarde o rematarei sen duda porque se fai moi ameno . Fito vai narrando historias da sua infancia , de como creceu entre Bilbao e Laredo ( un pobo de Cantabria invadido por bilbainos que buscan descansar do axetreo da cidade ) fálanos dos seus orixes nunha familia de clase media que vive da hosteleria , fálanos dos seus pais , dos seus amigos , do seu irmán , dos seus fillos ... en fin falanos da sua vida .

Eu teño que recoñecer que a Fito o tiña un pouco olvidado , non e que non o escoitase , sabedes que no TRISKEL ( o meu bar , para quen este lendo esto e non o sepa ) sempre puxen todos os discos de Fito e por suposto de Platero . Non era que non o escoitase , era que despois de " Soldadito Marinero " estaba un pouco saturado , perdin un pouco a fe , e ainda que si escoitei " por la boca vive el pez " non lle prestei a atención que si merecia . Foi coa xira que fixo con Calamaro cando piuden apreciar a calidade das cancións que conpoñen o último disco de Fito . En especial gústame " medalla de carton " joder e unha pasada .

Amigos o que ven a decir este reportaxe que escribo e que Fito aparte de ser un músico con moitisima clase , e unha persona encantadora , educada e con un saber estar brillante .
" Fito , perdóame se algún dia dudei de ti "
Gracias a todos por ler este reportaxe , este blog , e se vos gusta Fito leede o libro . Eu ainda teño que acabalo . Esta tarde sumerxireime entre as suas paxinas .
como diria meu amigo Rubén o de Monfero XENIO .

jueves, 10 de abril de 2008

Shane Macgowan, ou a raza maldita.


O autor da que foi elixida no mundo anglosaxón como mellor canción de Nadal de tódolos tempos naceu precisamente un 25 de Decembro de xa hai máis de medio siglo, e se el chegou ó medio siglo eu tamén podo. Shane Macgowan naceu en Kent, Inglaterra, pero até os seis anos creceu na aldea de Carney, Eire, de dónde eran orixinarios seus pais. Alí foi onde colleu a referencia da música tradicional irlandesa, e nunca a abandonou. Despóis a vida de Shane transcurre nos suburbios do norte de Londres, onde coñecería a outro fillo de inmigrantes irlandeses, un tal John Lydon, tamén coñecido coma Xan Podre.

Parece que detrás do aspecto de perdido de Shane escóndese un rapaz desperto e intelixente, estudante de mérito, sufriu acoso por parte dos demáis estudantes. Foi admitido nun prestixioso colexio da capital, Westminster School, máis atopáronlle drogas e foi expulsado, son cousas que acontecen nas mellores familias.


Temos que agardar ós derradeiros meses do ano 1976 para ter noticias de Shane de novo, The Clash daban un concerto ó que acudiu Shane Macgowan. O rapaz facíalle as beiras a un moza que estaba na primeira fila, nun descuido besouna, máis ela non parecía estar moi de acordo co furtivo bico, e de unha dentellada arrancoulle un pedazo do lóbulo da orella. Toda esta secuencia foi recollida por un fotógrafo, e as fotos foron publicadas no número de Novembro do 1976 pola prestixiosa New Musical Express, o titular era un pouquiño sensacionalista "Cannibalism At Clash Gig" Un mito punk acababa de brotar no árido asfalto do norte de Londres, nos seus inicios coñecido coma Shane O´Hooligan.


Baixo ese nome fundou a sua primeira banda The Nipple Erectors, que despóis acurtaría a The Nipps, probaron sorte coma músicos de rúa no covent Garden, máis non atoparon o recoñecemento que buscaban. Iso cambiaría pronto, estaban a piques de nacer The Pogues ainda que o seu primeiro nome foi Pogue Mahone, que é coma dicir Kiss my ass, pero en gaélico.

Se os orixes da banda están indiscutiblemente no movemento punk, The Pogues non son unha banda punk. Mezclan ritmos tolos do punk con letras tradicionais nas tabernas irlandesas. Shane mostrouse coma un gran poeta, a súa gargante rota polo alcohol non era capaz de encher os seus versos que falaban de whisky, guiness, emigración e morriña, á súa maneira, máis morriña. En fin, el falou toda a vida de Irlanda.

Unha Irlanda que gostan os irlandeses dicir retratou como ninguén James Joyce, máis eu abúrrome coa monotonía de Joyce, e non vexo esa Irlanda que Macgowan si soubo retratar, esa Irlanda melancólica pero divertida, esa irlanda gamberra que bebe Guiness e mais Whisky, que ébria se pelea en calqueira pub, esa Irlanda tan salvaxe e tola que enamora.

En 1987 escribiu Fairytale of New York, unha canción de nadal que cantou con Kirsty MacColl, unha canción ó fin e o cabo de Shane Macgowan, unha canción que nun verso pode decir

Youre a bum
Youre a punk
Youre an old slut on junk
Lying there almost dead on a drip in that bed
You scumbag, you maggot
You cheap lousy faggot
Happy christmas your arse
I pray God its our last

e aínda así ser unha canción de nadal, a mellor de todas.

Non é ésta a mellor canción dos The Pogues, para min non está nin nas cinco mellores, a súa adaptación de Dirty Old Town pon os pelos de punta, as súas actuacións cos Dublineers un míto dentro da cultura irlandesa, pero esta é unha canción de nadal dun poeta maldito, un dos poucos que quedan vivos. Últimas noticias din que este ano 2008 será o elixido por Shane para arranxar a súa dentadura, seguramente non será o mesmo.

Hai moitos videos na rede dos The Pogues, eu vou colgar eiquí un concerto enteiro, para que non se queixe ninguén. Agora que en Hespaña sufrimos a apropiación dunha decada por parte duns transgresores que almorzan champaña despóis do baile da fodida rosa, é de necesidade recordar que nos oitenta non todo o mundo era un travelo ni tódoles homes con bigote levaban tacón de agulla. Imáxinades a Almodóvar entre irlandeses??

Siniestro total no cafe Antxokia de Bilbao 04 - 04 -08

venres 11 de abril 2008 .
Que vos vou contar de siniestro total que non sepades xa . O que podo decirvos e que siguen estando en plena forma despois de 25 anos xirando polos escenarios de todo o pais .
Eu tiven a boa sorte de poder velos fai 7 dias en Bilbao no cafe Antxokia , onde xa vin a Manta ray , os Goodfathers e a Delorean , prometo facer uns artigos destes concertos .
En fin , dediquemonos a Siniestro total .
O grupo formouse en decembro do ano 81 , tras un accidente de trafico nunha noite de alcohol pola cidade de Vigo . O accidente acabou como supoñeredes en S.T.
Os seus membros fundadores foron German Copini ( voz ) Miguel Costas ( guitarra ) Julian Hernandez ( bateria ) e Alberto Torrado ( baixo ) . Con esta formacion grabaron e publicaron o seu primeiro L.P. " Cuando se come aqui " que como todos sabedes e unha xoia imprescindible en calqueira discoteca que se precie.


Continuara ...

miércoles, 2 de abril de 2008

Marlango no teatro Victoria Eugenia de Donosti.



Este domingo pasado 30 -03 -08 asistimos o meu amigo kike , Maricha e eu ao teatro Victoria Eugenia ( Donosti ). o motivo , un concerto impresionante de MARLANGO , poderiao definir como " ben feito " .
un concerto impecable , tocaron mais de hora e media e todo o mundo queria mais.
O dia seguinte Victor , un compañeiro de traballo dixome que ian en plan Ton Waits eu pensei " ostia pois pode ser " porque e dificil encasillar o sonido de Marlango