miércoles, 15 de octubre de 2008

PUNKTUALIZATE!!!!!!!!!





Boas a tod@s!!!




Ruper lioume (unha vez máis), para que colabore no seu blog falando dunha cousa da que el sabe moito máis que eu: música. Pero bueno, intentarei falar do que máis me gusta a min, o punk rock, e deixarvos algúns artigos para que se non conhecedes ós grupos dos que vou falar, pois vos vaian soando e se os conhecedes, pois para dicirvos o que xa sabedes e perder o tempo lendo as minhas palabras.








Logo desta breve, pero intensa intro, imos ó lío, e como non podería ser doutra maneira o meu priemiro artigo ten que ser por obligación daquel gran grupo que forma parte das nosas vidas e das nosas lembranzas, un grupo que marcou un principio e deixou o caminho a seguir para moitos de nós: LA POLLA RECORDS.



Este grupo que vedes á vosa esquerda, naceu polo ano 1979, alá polas terras de Euskadi, nin máis nin menos que en Agurain, e todo comezou pois como empezamos moitos, para matar o tempo e facer música sabendo o máis esencial: tocar un mínimo, raiba, espectáculo e sempre tendo algo que dicir, o que vén sendo a esencia do punk-rock(que chaman os entendidos).



Voltando á Polla, o nome "saíu porke diciamos moito "me cagon la polla" e records non sabiamos ke keria dicir disco en ingles, xa ke non sabiamos, senón ke puxémosllo no sentido dos records de atletismo". Pois así comezou o que logo acabou sendo un fenómeno de xuntar xente nos seus directos. Unha carreira que comezou coa grabación dunha maketa no 1981 e que ata o 1983 non sacaron o seu 1º disco chamado "Y ahora qué?" , carreira que desgraciadamente rematou no 2006 co seu último cd: "El último (el) de La Polla", pero que polo caminho deixaronnos grandes perlas coma o Salve, Revolución, Ellos dicen Mierda ou Carne pa la picadora, sen contar os seus grandes directos.



Como anécdotas a destacar, La Polla Records, tivo grandes problemas na súa dilatada historia, cambiou varias veces de componhentes, tivo que cambiar o nome do grupo e deixalo só en La Polla, debido a unha sentenza xudicial que lles estaba prohibindo terminantemente seguir utilizando o nome La Polla Records, aínda así e cando a lei falla en contra deles sacan un cd máis con LPR e co título de: "Bajo presión" , tamén houbo unha época na que se distanciaron seis meses por unha bronca entre evaristo (alma do grupo e voz) e oresto, e por suposto e o máis importante La Polla records tivo que superar a morte de Fernando, o batería do grupo no ano 2002 (pero, como eles mesmos dicían: "la vida sigue su curso a un tiempo cruel, y extraña implacable y hermosa,alargando el pasado encogiendo el presente, repartiendo futuros inebitables, juntando y separando gente.)


Pois en resumo ista é máis ou menos a historia desta gran banda. Dicir que o seu cantante evaristo, o cal é algo digno de ver enriba dun escenario, aínda segue en activo co seu grupo Gatillazo e ten cd´s con The Kagas e The Meas, ambos moi bos, pero algo diferentes á Polla.


Pra rematar deixobos a seguinte dirección http://www.youtube.com/watch?v=QkqybhMa2QU

e a desfrutar con este vídeo, dunhas das últimas actuacións do grupo.


Ata a próxima e sede Punktuais!!


Pablete.