Bueno, é dificil definir a psicodelia máis aló do seu significado etimolóxico. A manifestación do alma, neste caso que nos ocupa provocada pola inxesta de drogas variadas e dispares, creou un estilo de música marcado pola distorsión tanto vocal como instrumental. E diso vou falar nos seguintes posts, espallados no tempo como xa sabedes :P
13th Floor elevators son os primeiros, alomenos os primeiros que utilizaron a palabra psicodelia nun dos seus albums, The psiquedelic sounds of 13 Floor elevators (1966) E non só son os primeiros, se non que case poden ser os mellores. Tocaban o xarrón eléctrico, imaxinádeo, ou mellor, mirádeo no video. Pouco máis pódese dicir de eles. A Rocky Erickson collérono con Marihuana e pra non ir ó cárcere declarouse mentalmente incapaz, ingresando tres anos nunha institución mental. Deixou a medias a grabación de Bulls of the wood (1968) que era o terceiro álbum de 13th Floor elevators.
Por certo, pra deixar a un lado ós mitos que tan a cotío nos venden, non eran da soleada California, se non da tamén soleada pero árida e conservadora Austin. Texas. ;P
lunes, 29 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario